
Ficha técnica
ISBN: 9788491213710
Editorial: Editorial Xerais de Galicia
Idioma: GALLEGO
Fecha de edición: 2018-05-10
Medidas: 200 x 200 mm
Nº. Páginas: 144
Encuadernación: Bolsillo


É posíbel viaxar no tempo? Podemos ordenar absolutamente todo o que observamos nun pasado, presente e futuro? En ciencia, empregamos teorías e modelos para explicar os feitos observados e as leis científicas que obtemos da experimentación. No libro preséntanse, evitando os formalismos matemáticos propios, os modelos que, ao longo da historia, construímos como resposta á ampliación das nosas escalas de observación, así como diversos feitos que requirían explicación. Einstein tivo un papel protagonista nas dúas últimas teorías; a que hoxe coñecemos como «relatividade restrinxida» ten condicións de uso concretas e el mesmo, unha década máis tarde, ampliou o marco cunha teoría xeral. Atendendo a certos requirimentos (aquí xógase coa idea da ‘vaca esférica’), podemos empregar un modelo ou outro máis afinado; pero é evidente que estas relatividades supoñen un fondo cambio na nosa comprensión de conceptos básicos como, por exemplo, «o fluír do tempo». A relatividade xeral explica, ademais, como funciona a gravitación e, sen esquecer o cuántico, é base da Cosmoloxía moderna e inicio da que podería ser, no futuro, unha nova teoría (gravidade cuántica, supercordas?).
15,50€ El precio original era: 15,50€.14,72€El precio actual es: 14,72€. (IVA Incluido)
Rellena el siguiente formulario si deseas recibir información en tu buzón sobre nuestras últimas novedades y actualizaciones.